займ срочно

A Escola de Música de Compostela comeza a folga indefinida

0

Compostela, 19 de maio – A folga indefinida convocada para hoxe por parte dos traballadores da Escola de Música Municipal de Compostela mantense e non será desconvocada.

Nunha asemblea de urxencia celebrada o venres os traballadores e traballadoras da Escola Municipal de Música de Santiago decidiron por unanimidade comezar a folga indefinida que teñen convocada a partir do próximo de hoxe “ata ter a certeza total e absoluta de que se van manter os postos de traballo”. Esta cuestión, malia todos os pasos que se foron dando esta semana, non está aínda garantida.

O secretario comarcal da CIG-Ensino de Santiago, Rubén F. Monteagudo, considera que as mobilizacións levadas a cabo estes días polo persoal docente desta Escola foron as que conseguiron que o goberno municipal se puxera á fronte para desatascar o conflito e anímao a buscar unha solución canto antes.

Mesa de contratación

Hoxe está está convocada tamén a mesa de contratación que terá que dirimir que ocorre coa candidatura da única empresa que se presentou ao contrato para xestionar este servizo. Os traballadores lembran que “a única certeza que teñen nestes intres é que a día 30 de xuño remata a súa relación coa empresa actualmente adxudicataria”. Así pois, todo o persoal que está nestes intres en servizo activo iniciará a folga ata que non se resolva o problema de fondo, “que é o mantemento dos postos de traballo nas mesmas condicións que teñen agora”, concluíu Rubén F. Monteagudo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies