займ срочно

Audición Fin de Curso da Escola Municipal de Música de Lousame

0

Lousame, 23 de xuño do 2017 –  O auditorio da Casa da Cultura “Santeiros de Chave” de Lousame acollerá esta tarde a tradicional audición de fin de curso da Escola Municipal de Música de Lousame, que terá lugar a partir das 18:30 horas. Unha actividade de acceso libre e de balde.

Uns sesenta alumnos e alumnas da Escola de Lousame participarán no evento, no que están programadas unha ducia de actuacións. Comezarán os máis pequenos, da Aula de Música e Movemento, seguidos da aula de piano e os ensembles de frautas, clarinetes, saxofóns, trompas, trombóns, vento-metal e guitarras, e o combo de percusión.

Previamente, a Banda de Escola de Música Municipal de Lousame ofrecerá o concerto didáctico “Dirijinkosky”, un conto de Daniel Figueira Bello dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria do CPI Cernadas de Castro. Este concerto terá como fío argumental a representación da chegada a Lousame da gran Elizaveta Dirijinkosky, considerada unha das maiores directoras de banda do mundo. Os nenos e nenas da Banda farán unha representación musical e teatral do conto, cun obxectivo principal: achegar a música aos máis pequenos dun xeito divertido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies