займ срочно

Esixen a retirada da publicación 94km. editada polo concello de Ames

0

Ames, 24 de novembro do 2017 –  Nunha nota conxunta os portavoces de Pacto x Ames e do PP de Ames xunto co concelleiro non adscrito Javier López esixen a retirada da publicación 94Km por considerala partidista.

Na nota os firmantes consideran que “O tripartito incrementa a súa maquinaria propagandística a costa dos contribuíntes editando un “periódico oficial” que reflicte o pensamento único e o autoritarismo do alcalde menos votado da historia de Ames”.

Ramón Argibay de Pacto x Ames explica que consideran a publicación  “unha iniciativa sectaria que non recoñece a vontade democrática deste goberno municipal ao recoller unicamente as vondades dun goberno que adolece de transparencia e respecto democrático”.

Pola súa banda, Oliva Agra, Portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Ames, destacou que a publicación só demostra a tiranía e a forma autoritaria de gobernar deste executivo –constituído por PSdeG, BNG e Contigo Pódese- que desprezan o traballo desenvolto polos partidos da oposición, “esenciais en todo sistema democrático” e por  tanto, minusvaloran a opinión dos amienses que co seu voto, outorgaron o seu apoio ás opcións políticas que se atopan na oposición.

Javier López, concelleiro non adscrito, destacou que con esta publicación “estase a faltar ao respecto dos amienses que viven e que coñecen a realidade diaria dos veciños onde existen problemas e inquedanzas que para nada se ven reflectidas nas páxinas deste xornal”.

Os tres partidos lamentan  que se omitan cuestións tan importantes como a reprobación do edil do BNG David Santomil, as grandes deficiencias na xestión do ciclo integral da auga, o abandono sen precedentes do rural, ou a omisión deliberada do núcleo máis poboado de Ames, O Milladoiro. Enganden que trátase “dun panfleto propagandístico que omite, ademais, a suba de impostos, os 900.000 € de contratos a dedo feitos polo tripartito, ou cando deixaron sen Nadal á veciñanza o pasado 2017”.

Os grupos denuncian ademais que a publicación “tampouco fai referencia ás numerosas demandas que ten que afrontar o concello como consecuencia dunha RPT ruinosa que ameaza con indemnizacións millonarias ás contas municipais, omite o fracaso dun orzamento que deixa claro que non teñen modelo de xestión, omite todas as iniciativas presentadas polo concelleiro Javier López, o Partido Popular e Pacto X Ames, iniciativas que teñen unha gran repercusión para o funcionamento do concello e omite que están en minoría e polo tanto, non poderían sacar a diante nestes dous anos e medio a maioría das iniciativas se non fora pola colaboración da oposición”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies