Espazos para Reflexionar no IES do MIlladoiro

0

Ames, 7 de novembro do 2017 – Un ano máis, bota a andar a Escola de Pais, Espazos para Reflexionar, que ao longo deste mes de novembro estará centrada no crecemento, na autonomía e nos límites das nenas e nenos.

Os espazos para reflexionar naceron o pasado curso impulsados pola ANPA Milla, en colaboración co IES do Milladoiro. Este ano amplíase o ámbito de actuación coa participación das ANPAS da escola infantil A Galiña Azul Figueiras, da escola infantil municipal A Madalena, da EEI Millapeques e da ANPA As Brañas do CEP de Ventín. Os Espazos de novembro desenvolveranse os días 8, 15 e 29, en horario de 17:30h a 19:00 horas, no salón de actos do IES Milladoiro.

Os Espazos para Reflexionar deste novembro tentarán dar resposta a determinados aspectos educativos como o significado de medrar hoxe, a imposición dos límites desde a autoridade ou os procesos de mudanza durante a adolescencia. O primeiro destes Espazos desenvolverase mañá mércores día 8 de novembro, baixo o epígrafe Petit Adolescencia. Canta autonomía? Cantos límites?. Nel abordaranse aspectos vinculados ao crecemento e ao desenvolvemento persoal das crianzas entre os 0 e os 6 anos.

Crecer… un camiño cara a autonomía é o título do segundo dos Espazos. Esta sesión, que terá lugar o 15 de novembro, estará centrada no desenvolvemento das nenas e nenos entre os 6 e os 12 anos. O último dos Espazo deste mes, no que se abordará a adolescencia, celebrarase o día 29. Adolescencia… materia pendente, estará enfocada ao desenvolvemento persoal das rapazas e rapaces entre os 12 e os 16 anos. Todas as sesións terán lugar no salón de actos do IES Milladoiro, en horario de 17:30 a 19:00 horas.

As charlas-obradoiros estarán baseadas na presentación de casos prácticos e na reflexión en común sobre os mesmos. Nelas fomentaranse dinámicas de grupo, de maneira que as sesións resulten prácticas e amenas. As charlas serán impartidas por Yolanda Gómez, pedagoga e educadora familiar.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies