Especialistas reuniranse en Santiago no I Simposio Internacional Estudos Galegos do Camiño Xacobeo 21

0

Compostela, 13 de decembro do 2018 – O I Simposio Internacional Os estudos galegos camiño do Xacobeo 21 reunirá en Santiago de Compostela a 150 especialistas en lingua, cultura e proxección exterior, nomeadamente os vencellados á Rede de Lectorados Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia, do 14 ao 15 de decembro.

A presentación correu a cargo do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado da subdirectora xeral María Lourdes Batán. “Trátase da primeira edición dun simposio que suporá un foro de debate internacional e encontro desde os Centros de Estudos Galegos (CEG) dependentes da Consellería de Cultura e Turismo, así como doutras entidades colaboradoras, tamén desde o exterior, que funcionan como motores de difusión da nosa lingua e cultura propias”, destacou García Gómez. “O obxectivo é compartir experiencias e definir os eixes de actuación da proxección exterior do noso patrimonio cultural e lingüístico enfocándoos cara o Xacobeo 2021”, concluíu.

O simposio, dirixido especificamente ao persoal docente e investigador das universidades nas que se localizan os CEG, aos axentes de turismo, a persoal universitario e doutras institucións que traballan en proxección exterior e ao persoal da Administración estreitamente relacionado coa Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos, celebrarase durante dous días (venres 14 e sábado 15), con 16 horas de duración.

Contará coa participación, entroutros, de Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Luis García Montero, director do Instituto Cervantes; Filipa Soares, responsable do Instituto Camôes en Madrid; Gregorio Ferreiro, vicepresidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD); María Boguszewicz, presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos; directores de diferentes CEG; e os músicos Uxía, Roi Casal, Javier Otero e Guadi Galego, entroutros.

Toda a información e programa dispoñibles no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial