O CTM Espedregada Oroso segue coa súa boa serie

0

Encontro de SuperDivisión Nacional entre o Oroso ABANCA (esquerda) e o Alacante TM (dereita)

Oroso TM

 

Oroso, 24 de outubre do 2016 – Novo fin de semana de pleno de vitorias para os equipos femininos do CTM Espedregada Oroso nas dúas máximas categorías das ligas nacionais. Xa o fin de semana pasado, ambos os equipos saldaran os seus respectivos encontros con dúas importantes vitorias: o de Superdivisión Nacional, máxima liga española, facía historia gañando a domicilio ao Cocvisa Santa Eularia de Eivissa, rival directo para a permanencia por 1-4 no que supuxo a primeira vitoria na historia do club na SuperDivisión Feminina. Pola súa banda, o Oroso Autos Grabanxa, facía o propio en Narón por 2-4 ante o Cidade Narón, tamén rival directo para a permanencia.

Cos ánimos ao grande afrontaban este fin de semana dous importantes enfrontamentos. O primeiro equipo: o Oroso ABANCA da SuperDivisión, xogaba en Sigüeiro, nas instalacións do Complexo Deportivo Juanito Amigo Ferreiro contra o Alacante TM, outro dos que, a priori, deben ser rivais directos para a permanencia. E as mozas de Oroso impuxéronse con contundencia por 1-4. Por parte das locais: Li Bin (1.5), Viktoria Lebedeva (0.5) e Paula Bo (2). Por parte das alacantinas: Mariña Ñiguez, Enma Ruiz e Laura Ramírez (1). Con estas dúas vitorias encadeadas o equipo afástase da zona perigosa da táboa e atrévese mesmo a mirar cara a postos de clasificación europea, algo que para nada estaría nos obxectivos do equipo a principio de tempada.

O filial, o Oroso Autos Grabanxa desprazábase pola súa banda á localidade pontevedresa de Gondomar a enfrontarse ao Vincios Bade. Teoricamente as locais partían como favoritas, pero as mozas de Oroso, con Silvia Alvarez (2.5), Olaya Cea (1.5) e Noelia Igrexas realizaron un encontro que rozou a perfección, dando a sorpresa e impoñéndose finalmente ao equipo local formado pola portuguesa Celia de Jesús, Natalia Fernández e Inés Vázquez por 3-4. Con esta vitoria o equipo orosino colócase terceiro na clasificación, empatado co segundo clasificado o Gasteiz de Vitoria e en postos de fase de ascenso.

Pola súa banda, o primeiro equipo masculino do Oroso TM, o Oroso TM Deporte Galego, descansou esta xornada. Situado na terceira posición da clasificación tras encadear 3 vitorias nos seus tres primeiros encontros da liga, parece estar tranquilo polo momento afastado da zona quente da táboa.

A próxima semana, os xogadores máis novos do CTM Espedregada Oroso e do Oroso TM viaxarán a terras vascas, en concreto á localidade de Irún a disputar o primeiro Clasificatorio da tempada para os Campionatos de España.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial