Na madrugada do sábado comezou o outono

0

Compostela, 22 de setembro do 2018 – Na madrugada do sábado, concretamente ás 3.54 horas, o Sol chegou xusto nao punto Libra da esfera celeste, atravesando o ecuador celeste dende o hemisferio norte cara o hemisferio sur, e dicir que entramos no outono.

Ese instante, o equinoccio de setembro, marca o comezo do outono no hemisferio Boreal da Terra e polo tanto a primavera no Austral. Como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, “son datas nas que a duración do dia e a noite coinciden, pasando esta última a gañar terreo ata o solsticio  de inverno, previsto para as 23.23 horas do 21 de decembro, no que a diferenza entre a noite e o dia será máxima no noso hemisferio.

Verán seco e caloroso

Remata outro verán ”seco e caloroso en Compostela”, no que na garita meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, centro colaborador da AEMET, se mediron un total de 92,5 litros por metro cadrado ( 15,1 nos últimos días de xuño; 53,2 en xullo; 22,5 en agosto, e 1,7 en setembro). Como engade o profesor Docobo “dita cantidade é exactamente a mesma do verán de 2107 (92,5 l/m2)  e lixeiramente maior que a correspondente a 2016  (72,4 litros/m2)”.

O grao de pluviosidade “contribuíu ao feito de que as treboadas que descargaron noutros lugares de Galicia non o fixeron na área de Compostela”. De feito, como lembra o director do Observatorio Universitario, “dende o 8 de agosto nesta zona estase sufrindo unha importante seca: só caeron dende entón 4,6 litros/m2”. No que leva transcorrido de 2018 rexistráronse 1.190,2 litros/m2, sendo a media anual en Santiago en torno aos 1.800 litros/m2.

Completando o informe, José Ángel Docobo sinala que a temperatura máxima rexistrada na garita de Campus Vida da USC foi de 37º6 (3 de agosto), mentres que a mínima foi de 10º0 (19 de setembro).

Astronomía

Astronomicamente, na nova estación destacan varias conxuncións planetarias e coa Lúa coma as seguintes: Lúa- Xúpiter no solpor (11 de outubro 10); Lúa-Saturno visible dende o solpor ata medianoite (14 de outubro); Lúa-Marte visible ao solpor (18 de outubro) e Lúa -Saurno visible ao solpor (11 de novembro). Ademais, os días 4, 5 e 6 de novembro sairán en liña no amencer a Lúa, Mercurio e Venus xunto coa estrela Spica.

Por outra banda, “son bos días para tentar observar o planeta Mercurio a simple vista tanto en torno ao 6 de novembro logo do solpor, coma sobre o 15 de decembro ao amencer”, engade o astrónomo da USC. Existe tamén a posibilidade de contemplar con prismáticos o cometa 38P/Stephan- Oterma en Xémini a finais de novembro.

Relativo ás choivas de estrelas, é destacable a das Xemínidas o 12 de decembro. Ademais, na actualidade está resultando posible contemplar a simple vista logo do solpor os planetas Venus, Xúpiter, Saturno e Marte.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial