13º edición do MICE

0

Compostela, 3 de xuño do 2018 – Este luns ábrese no Teatro Principal a decimo terceira edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, o MICE.

A primeira sesión do MICE comezará cunha benvida a cargo de Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago e Justo Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.

 A proxección de apertura recolle a primeira sesión de curtametraxes da sección Etnografía, muller e cinema coordinada por Anxela Caramés, investigadora en artes visuais e feminismos. As pezas que se poderán ver son Tshweesh, de Feyrouz Serhal; The boy from H2 de Helen Yanovsky e Why is Difficult to make Films in Kurdistan de Ebrû Avci. Tres curtas de tres cineastas do Líbano, Israel e Turquía, nas que rexistran a vida cotiá marcada pola inestabilidade política. Anxela Caramés presentará a proxección xunto a Gonzalo E. Veloso, programador do FIC Verín e Felipe Lage, director de Zeitun Films e produtor da curta Tshweesh.

Este acto inaugural non será o único contido do luns, primeiro día de programación da 13ª MICE. Ás 22.30h terá lugar no mesmo espazo a proxección de On the bowery de Lionel Rogosin (EUA, 65′, 1956). Neste filme, programado polo Cineclube de Compostela dentro da sección Trazas, Rogosin fai un retrato dos Estados Unidos que non se representaba no cinema comercial da época. On the bowery mistura a inmediatez do directo coa elaboración ficcional. Este cóctel faría do filme un fito do que acabaría emerxendo a corrente cinematográfica do ‘Novo Cinema Americano’.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies