Este sábado Vedra acolle o Pasabodeghas 2018

0

Vedra, 25 de outubro do 2018 – Este sábado a Asociación Cultural San Campio de San Miguel de Sarandón, coa colaboración do concello de Vedra, organiza un ano máis o Pasabodeghas.

Tal como a propia organización explica o Pasabodeghas ten como obxectivos ” promocionar alternativas culturais e recuperar espazos para o encontro aproveitando ao máximo os recursos que ofrece a zona (adegas, eiras, camiños… viños, tapas… música tradicional…), ao tempo que incentiva o espírito creativo xerando actividades, espectáculos, mostras, concertos… En definitiva, o Pasabodeghas busca que as persoas que asistan, descubran o sentir da aldea, coñezan as tradicións, os costumes, a gastronomía, a música e as xentes”. Unha festa na que os participantes percorren distintos espazos probando viños, tapas, xogando, escoitando música e sobretodo compartindo tempo de lecer e cultura popular.

Este ano, a cor protagonista do #Pasabodeghas2018 será o azul. Cor que simboliza ao ceo e representa a ilusión, a fantasía e a divindade, entre moitas outras cousas. A organización anticipa que A “deusa” do Pasabodeghas será a encargada de “guiarnos por tódolos sendeiros da aldea de Ximonde. Iremos con ela de bodegha en bodegha, bailando, degustando o viño novo, probando as ricas tapas que nos fan os veciñ@s, e por suposto, todo iso aderezado con exposicións e xogos, porque a festa tamén é cultura!!”.

Descarga o programa

vedra pasabodegas 25 outubro 2018

Dentro da programación de esta edición está previsto un espazo infantil con obradoiros e espectáculos, un recuncho de xogos populares, postos de artesanía, exposicións nas adegas, música en directo, e a subida a “ghaiteira” con espectáculo nocturno incluído.

A Compañía do Ruído, Pakolas ou Tiruleque son algúns dos músicos participantes na edición de este ano. Tamén lembra a organización que se trata dun evento familiar con xente de tódalas idades, que se celebra en moitos casos en bodegas particulares polo que é importante respetar os espazos e coidar de non deixar residuos. Os menores de 18 anos non poderán consumir alcohol, os menores de 12 acceden de forma gratuita ao recinto e existen pases a distintos prezos para o resto dos asistentes, tedes toda a información no facebook do Espazo activo do Ulla.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial