Este xoves nas Crechas Xoana presenta “Dardos”

0

Compostela, 5 de febreiro do 2019 – Xoana, un dos novos valores do jazz galego, presenta este xoves o seu primeiro disco, “Dardos”, na Casa das Crechas (21:00, 5€)

Xoana mestura no seu primeiro traballo pop, rock,  jazz, funky e mesmo reggae nun disco ecléctico cheo de contido social e denuncia. Temas como “Mártires” teñen presentes os laios de todas aquelas mulleres vítimas da violencia de xénero, ou outros como  “Anceios”, que visibiliza a aqueles que marchan fóra da súa terra na busca doutra á que poder chamar fogar.

“Mártires” é tamén o seu primeiro videoclip e nel reivindícase o papel da muller. A través das imaxes perséguese trasladar ao espectador o sentimento de angustia e a sensación de apresamento á que están sometidas.

Xoana

Na súa web podemos ler que “o proxecto que me ocupa resúmese nunha única idea: traballar por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos. Estas palabras son as que me repito día a día para seguir esforzándome e crendo no proxecto musical que iniciei coa intención de ser a miña carta de presentación no mundo da música”.

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial