A Deputación de Pontevedra mellorará a estrada de Escuadro a Silleda

0

Silleda, 4 de novembro do 2017 – O responsable de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, ven de anunciar a mellora da estrada que vai de Escuadro a Silleda cun investimento de 136.302.

Trátase dun tramo da estrada provincial EP-6509 que une o lugar de Escuadro coa capital do concello. Ampliarase a sección actual, rehabilitarase a estrutura do firme e das cunetas, construirase un muro de contención e instalaranse elementos de calmado de tráfico.

Vista aérea da estrada EP.6509, imaxe de Google

Segundo indica o responsable provincial a actuación permitirá unha ampliación da sección actual da vía (que en algúns puntos apenas ten 4 metros de largo), a rehabilitación da estrutura do firme e das cunetas, a construción dun  muro de contención para garantir a estabilidade da estrada nunha zona onde se produciron desprendementos, así como a instalación de elementos de calmado de tráfico.

Na actualidade a estrada EP-6509 sufre unha redución de sección a partir do punto quilométrico 4+640, atopándose tamén con importantes deficiencias no firme, cunha ausencia de sinalización horizontal e con falta de elementos para mellorar a drenaxe superficial da vía, entre outras cuestións. A maiores, debido aos temporais do último inverno, hai un desprendemento de terreo na marxe esquerda (PQ 4+730), nunha zona onde existe unha drenaxe transversal subterránea que permite que un regato cruce de dereita a esquerda a vía. Este desprendemento non produciu danos no firme ata o de agora, mais deixou unha situación que os técnicos provinciais consideran moi perigosa ante posibles caídas de elementos no futuro.

Por estes motivos, segundo asegurou Benítez, o servizo de Mobilidade redactou un proxecto de mellora para un treito de 550 metros que agora está en fase de licitación e que consistirá na ampliación da plataforma rodada ata os 5,5 metros de largo, no saneo do firme e da base que se atopa en mal estado, a pavimentación do firme existente, a instalación de redutores físicos de velocidade de vehículos -coa correspondente sinalización e delimitación da velocidade máxima a 30 quilómetros hora-, o pintado das marcas viarias e instalación das sinais verticais, a mellora da drenaxe superficial con cunetas revestidas de formigón, a substitución das cunetas existentes en ‘V’ pola súa perigosidade, así como o reperfilado e roza dos laterais. Tamén se instalará un muro de mamposteía de 23 metros de lonxitude para o sostemento da plataforma da estrada, solucionando así o desprendemento de terras existente na actualidade e eliminando o perigo de desprendementos futuros.

Unha vez adxudicadas as obras, está previsto que teñan un prazo de execución de dous meses, polo que si se cumpren os prazos administrativos previstos e a climatoloxía o permite, a actuación poderá estar finalizada na primavera.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies