Paulo Vicente Monteagudo é o novo presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo

0

A Estrada, 4 de novembro do 2019 – A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo celebrou esta fin de semana unhas eleccións que poñen a Paulo Vicente Monteagudo como novo presidente en sustitución de Henrique Bazal.

A xornada electoral celebrouse ao longo do domingo en Sabucedo. O gañador, Paulo Vicente Monteagudo, obtivo 89 votos, o 85% dos emitidos, nunha xornada cunha alta participación con 104 papeletas. Monteagudo será o encargado de dirixir o colectivo durante os vindeiros catro anos, ata 2023, tomando o testemuño de Henrique Bazal Bouzas, que presidíu a asociación dende o ano 2015.

Sabucedo novo presidentePaulo Vicente Monteagudo (Sabucedo, 1981) formaba parte da directiva saínte e, durante os últimos anos, ademais do intenso traballo no monte ao longo de todo o ano e no curro, centrouse especialmente nas labores de desparasitación das bestas como consecuencia da súa firme crenza na defensa da saúde e do benestar dos animais. Estudou Música na Universidade de Oviedo e na actualidade exerce de profesor desta disciplina no IES Punta Candieira, no municipio coruñés de Cedeira.

Tanto Henrique Bazal como Paulo Vicente Monteagudo amosaron a súa satisfacción pola elevada participación e a implicación da parroquia na elección da persoa que dirixirá á nova directiva, “xa que demostra que Sabucedo está máis vivo ca nunca e que toda a xente que formamos parte desta parroquia somos una gran familia que queremos ser partícipes do futuro da manda do Santo e de todo o que rodea á Rapa das Bestas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial