займ срочно

A nova delimitación de estradas da Xunta podería deixar fora de ordenación a vivendas de Teo, o concello estuda presentar alegacións

0

Teo, 21 de Nadal do 2017 – A nova delimitación de estradas autonómicas da Xunta de Galicia afecta a varios núcleos de Teo polo que o concello estuda presentar alegacións xa que hai vivendas que poderían quedar fora de ordenación pese a estar ao amparo do PXOM.

A Axencia Galega de Infraestruturas publicaba o 27 de novembro unha resolución pola que se aproban provisionalmente os estudos de ordenación da Delimitación de treitos urbanos de solo de núcleo rural na Rede autonómica de Estradas. Estes estudos teñen un prazo de exposición pública que remata o 12 de xaneiro, momento ata o que se poden presentar alegacións. A oficina de Urbanismo do Concello facilitará a información e asesoramento necesario á veciñanza afectada. En horario de 09:00 a 11:00 horas as persoas interesadas poderán acudir a este servizo para acceder ao expediente e, de ser o caso, presentar as alegacións que vexan oportunas.

Núcleos afectados

Os núcleos afectados por esta nova delimitación que pretende impoñer a Xunta de Galicia en Teo son: Cobas (AC-537); Penelas e Tras do Eixo (AG-58 e AG-59); A Devesa, A Torre, Castres, O Piro, Chaves e Lucí (AG-59), A Florida, Chao do Río e A Igrexa de Reis (AC-841 e AC-242); Valiñas (AC-242); e Vilar de Teo, Xermeade, Fontelo e Vilachaíño (AC-241).

A nova delimitación supón modificar o planeamento que afecta a estas parcelas, ao cambiar as aliñacións de edificacións e peche das parcelas. Dende o Concello tamén se estuda presentar alegacións para defender os intereses da veciñanza e do correcto desenvolvemento urbanístico municipal.

A consecuencia máis grave desta nova iniciativa de Infraestruturas é que os novos límites sinalados nos planos en exposición pública suporán que moitas edificacións legalmente construídas en base ao PXOM pasen a estar nunha situación de fóra de ordenación.

Xuntanza municipal en Teo

Para o Concello de Teo esta actuación da Xunta de Galicia “supón un novo ataque á autonomía local, esta vez modificando unilateralmente os plans xerais dos Concellos afectados e provocando un importante prexuízo para os/as propietarios/as das fincas” indica Uxía Lemus, concelleira de Urbanismo. Dende Teo remitiuse unha carta aos 29 concellos afectados pola publicación da citada resolución na que se lles convoca a unha xuntanza o vindeiro 27 de decembro por este tema. “Buscamos unha actuación conxunta de todos os Concellos diante dun novo atropelo da Xunta de Galicia e pediremos que a administración autonómica reformule estes estudos de xeito que se adapten á ordenación prevista nos PXOMs” destaca a edil de Urbanismo.

Os Concellos afectados pola resolución da Axencia Galega de Infraestruturas son os seguintes: Aranga , Arzúa , Boimorto , Boqueixón , Camariñas , A Capela , Carballo , Cerdido , Coristanco, Curtis (GA/17/047.09.1.10), Dodro , Irixoa , Laxe , Mesía , Miño, Muros , Muxía , Outes , A Pobra do Caramiñal , Ponteceso , Pontedeume , Porto do Son , Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Touro, Vedra e Vilarmaior.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies