Estrea en Ordes do documental Redes contra a política do espolio

0

Ordes, 8 de febreiro do 2019 – Redes contra a política do espolio, un documental sobre os colectivos cidadás pola defensa do medio ambiente na contorna de Compostela, proxéctase este sábado, sete e media, na Casa da Cultura de Ordes.

Redes contra a política do espolio foi dirixido por Xosé Bocixa e contou coa colaboración de Nós Televisión. Ao longo de 90 minutos a reportaxe presenta as testemuñas de oito colectivos sociais que enfrontan e resisten, mediante a organización cidadá, as penosas consecuencias medio ambientais que ocasionan diversas empresas da comarca compostelá.

Bocixa recolle o traballo da Plataforma Mina Touro – O Pino Non, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, Asociación de afectados polo vertedoiro de Lesta, Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela – Miramontes, Plataforma Pola Recuperación Do Sar, Plataforma de afectados pola Destilería de Contimunde, Colectivo Non Eólicos de Ordes, e a Comisión de seguimento da minería e defensa do rural, Mesía — Frades. Como organización invitada na participación do documental está Salvemos Catasós, como exemplo de loita longa parcialmente gañada.

Estes oito colectivos repartidos en máis de doce concellos da contorna de Compostela contan que foi o qué os levou a unirse e a organizarse e cómo se enfrontan, armados pouco máis que coa súa propia vontade, a determinadas empresas que actúan de forma perigosa para a saúde das persoas e o medio ambiente e que operan no amparo da pasividade das administracións.

Cada un destes grupos cidadás enfrontan loitas particulares e locais, mais todos coinciden nunha mesma denuncia: a pasividade da Xunta de Galicia e o Goberno de España ante as actuacións altamente contaminantes e perigosas para a saúde e o medio de determinadas empresas que se localizan na contorna de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial