Denuncian o estreitamento da via de acceso a Torreboredo na Estrada

0

A Estrada, 3 de outubro do 2018 – O BNG da Estrada ven de alertar sobre o peligro estreitamento sofre a vía de acceso ao núcleo de Torreboredo.

Torreboredo está situado na parroquia do Souto. Os nacionalistas advirten que as obras de renovación do firme da estrada de acceso, e a limpeza de cunetas, provocaron as queixas dos veciños xa que a estrada estreitouse ata un punto que pode converter a circulación en perigosa no caso de que se crucen dos vehículos.

O BNG explica que as razóns ” son máis ca evidentes : ancho da calzada 3.50 metros. Se se ten en conta que o ancho medio dun vehículo turismo mide ao redor de 1.65/1.70, nin sendo condutores ou condutoras moi experimentados se pode acometer tal manobra sen risco dalgunha incidencia. O perigo aumenta se   se lle fai caso á velocidade permitida, tendo en conta ademais a profundidade que teñen agora as cunetas e o feito de que non hai beiravías”. Engádese que a situación complícase se un dos vehículos é unha furgoneta ou un camión.

O BNG quere poñer en evidencia que este total despropósito impídelle á veciñanza facer uso da vía, véndose obrigados a non circular por ela. Os nacionalistas esixen ao goberno municipal que lle poña sen dilación remedio a esta situación que os prexudica seriamente, e antes de que haxa que lamentar males maiores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial