A Asociación internacional de Estudos Rexionais celebrará na USC a súa conferencia anual de 2019

0

Compostela, 5 de xaneiro do 2018 –  A Asociación de Estudos Rexionais (RSA), unha importante sociedade internacional, celebrará a súa conferencia anual de 2019 na Universidade de Santiago.

Para ir preparando os detalles do evento a subdirectora executiva da asociación de Estudos Rexionais, Daniela Carl, e a directora da conferencia, Lesa Reynolds, estiveron en Santiago coa profesora de Xeografía, María José Piñeira.

Na xuntanza en Compostela as representantes da RSA coñeceron os distintos espazos que ofrece a Universidade e aproveitaron para achegarse ademais ao labor dos grupos que traballan no campo dos estudos rexionais e que presumiblemente presentarán as súas investigacións na conferencia que terá lugar na cidade en menos de dous anos.

As rexións son unha escala espacial clave á hora de examinar a natureza e os impactos dos cambios  políticos, económicos, sociais e ambientais, así como a innovación. A RSA traballa cos seus membros internacionais de cara a facilitar os máis altos estándares de desenvolvemento teórico, análise empírica e debate político de cuestións nesta escala subnacional, incorporando tanto as concepcións urbanas e rurais como as diferentes concepcións do espazo tales como as cidades-rexións e os espazos intersticiais. En concreto, está moi interesada en temas de desenvolvemento e crecemento económico, concepcións do territorio, gobernanza e problemas espiñentos como os da  equidade e inxustiza.

Conferencias e eventos

A Asociación de Estudos Rexionais desenvolve un programa de conferencias e eventos internacionais baseados na excelencia que creceu de maneira constante ao longo dos anos e que xoga un papel importante no obxectivo de axudar aos seus membros a difundir a súa investigación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies