займ срочно

Europa antes das eleccións nos Luns do Ateneo

1

Compostela, 18 de maio do 2019 – O Ateneo de Santiago decidiu programar para o vindeiro luns unha conferencia titulada “Os retos de Europa”, nunha data intermedia entre a celebración das eleccións ao Parlamento Europeo do 26M e a conmemoración do Día de Europa, que tivo lugar o pasado 9 de maio.

O Ateneo convidou á Profesora de Dereito Internacional e Directora do Centro de Documentación sobre Europa da Universidade de La Rioja Mariola Urrea, quen impartirá a charla na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a partir das 19.00 horas, unha hora antes do que é habitual en Os Luns do Ateneo.

Con estadías de investigación pre-doutoral no Europa-Institut da Universidade de Saarbrücken e no Max Planck Institut de Heidelberg así como estadías de investigación post-doutoral no Instituto Universitario Europeo de Florencia e a Universidade de Nova Iork, Mariola Urrea elaborou monografías e artigos científicos sobre o modelo de integración da Unión Europea, o sistema institucional e a toma de decisións, a Política de Seguridade e Defensa, FRONTEX e a participación das Comunidades Autónomas no proceso de integración europeo, con particular atención á cuestión do sistema fiscal vasco e a súa compatibilidade coa UE. Galardoada co Premio de Investigación García Goyena da UNED e o Premio de investigación Francisco Javier de Landaburu do Consello Vasco do Movemento Federal Europeo, participa semanalmente no programa «Hoy por Hoy» de Cadena Ser e ten unha columna quincenal no diario El País.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies