Éxito de participación no I Trofeo Ciclista Concello de Ordes

0

Ordes, 9 de abril do 2018 – Máis de 100 corredores participaron no I Trofeo Ciclista Concello de Ordes, celebrado este domingo sobre un percorrido de 75 kilómetros e con chegada e saída diante do concello.

No I Trofeo Ciclista Concello de Ordes participaron corredores das categorías Júnior e Máster 30, 40, 50 e 60. O podio da clasificación xeral estivo encabezado por Juan José Álvarez (Míster Louriña) seguido de José Igancio Méndez (Garaje Paco) e Abel Gomez (Asoc. Galega). Os líderes da Copa Galicia nas categorías Máster 30, 40, 50 e 60 foron respectivamente: Juan José Álvarez (Míster Louriña), Rubén Fernández Oliveira e Javier de la Calle (Norimver)

O I Trofeo Ciclista Concello de Ordes inclúese dentro da III Challenge do Club Ciclista Asociación Galega de Ciclismo, a cal consta de tres probas que puntuarán entre todas para proclamar o vencedor. Estas serán as dos concellos da Estrada e O Pino, previstas para o 15 de abril e 6 de maio respectivamente. Para poder optar aos premios finais da xeral será imprescindible participar en todas elas.

Apoio local

A proba estivo organizada polo CCAGC en colaboración co Concello de Ordes. Tamén hai que sinalar o apoio brindado por distintas firmas comerciais do municipio como: Papelería Arume, O Chanco, Cristín seguros, floristería Abellá, óptica Pilar Mariño, carnicería Buyo, bar Gerardo, óptica Alain Afflelou, cafetería Nogallás, carnicería Enrique, Luís relojeros, autocares Rogelio, Jogafán muebles e Mi vestidor azul.

Entre o público asistente estiveron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, así como as concelleiras Susana García e Ana Soneira. Precisamente esta última foi a encargada de entregar os premios aos gañadores de cada proba.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies