Éxito do magosto e a procesión de Samaín da ANPA de Ventín de Ames

0

Centos de pais cos nenos percorreron as rúas do Milladoiro, en Ames,  desde A Madalena ata a praza de Manuel Murguía

Ames, 29 de outubro do 2016 -. O magosto de Ventín, co que a ANPA recauda fondos para a viaxe de fin de curso dos rapaces de sexto, é xa un clásico en Ames. Cada ano a ANPA converte o Milladoiro nunha festa pero esta vez quixeron ir un pouco mais alá e recuperaron unha tradicion celta como eles mesmos explicaban no convite a celebración:

“O 31 de outubro os celtas celebraban o cambio de ano: marchaba o sol e chegaba a estación sombría, o SAMAÍN. Era a noite en que regresaban os defuntos e non todos viñan de bo humor; por iso, coas caveiras dos inimigos alumeadas, tentaban protexer as súas casas e as súas leiras. Como parte dos froitos da tempada coa que festexaban este tempo, estaban as castañas, que cobraban protagonismo o 1 de novembro”

Aqui tedes un pequeno resumo en imaxes da xornada:

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial