ExpoOrdes mantense un ano mais como a feira multisectorial da bisbarra

0

Ordes, 30 de abril do 2018 – ExpoOrdes renovou un ano máis a honra de ser a feira multisectorial por excelencia na bisbarra de Compostela, non só pola oferta se non polo número de visitantes que crece cada ano.

Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria

A xornada do venres de ExpoOrdes estivo marcada pola inauguración que correu a cargo de Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Ademais do alcalde de Ordes e dos membros da corporación local, o titular autonómico estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro; e o responsable provincial Diego Calvo. Cómpre sinalar tamén a presenza de numerosos representantes dos concellos da comarca, entre os que figurou Roberto Rey, presidente da Mancomunidade de Ordes e alcalde de Frades. O conselleiro dicía na súa intervención que “ExpoOrdes é unha oportunidade para dinamizar a economía local da comarca, unha cita ineludible do calendario feiral galego, e na que a Xunta volve a estar presente cun mostrador para promover a economía social que contará coa colaboración de sete empresas agroalimentarias”.

Día da Mancomunidade

Alcaldes e concelleiros da Mancomunidade de Ordes

O sábado foi o día dedicado a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. ExpoOrdes recibiu a representantes de todos os concellos que a conforman, encabezados polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e polo presidente do ente supramunicipal, Roberto Rey, alcalde de Frades. Tamén cabe destacar a presenza de Alba Paz, subdirectora xeral de Economía Social. Tras un percorrido polo recinto feiral, no que tamén puideron ver as últimas novidades do III Salón Moda & Eventos, acudiron ao espazo do Consello Galego de Cooperativas, onde degustaron produtos como embutidos, queixos, mel, viños etc

Ordes recendeu a champiñón

Un ano máis o domingo Ordes recendeu a champiñóns. Con allo, en empanada, con crema de nata, champiñóns ao cebiche, mariñados, mesturados con queixo… de calquera xeito imaxinable. As cociñas dos bares e restaurantes de Ordes onte domingo estiveron a rebosar de caixas dese delicioso cogumelo que non parou de ferver en cazolas e sarténs.

A XXIX Degustación do Champiñon foi o punto e final para unha nova edición de ExpoOrdes que polos resultados anima cada ano a máis empresas a participar e as administracións a apostar pola Feira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies