займ срочно

Exposición no Hotel Virxe da Cerca de Antón Sobral e Tino canicoba

0

Compostela, 26 de setembro do 2017 –  O  xoves 28 de setembro. ás 20 horas inaugurarase no Hotel Virxe dá Cerca, en Santiago de Compostela, a exposición conxunta de Antón Sobral e Tino Canicoba.

Esta exposición realízase dentro do convenio iniciado no 2011 entre Pousadas de Compostela e a coordinadora de exposicións Cristina Carballedo, polo que artistas profesionais interveñen os espazos do Hotel. Esta mostra poderá visitarse ata novembro.

O artista multidisciplinar Antón Sobral presenta unha nova colección de obras onde o xesto cobra moita importancia. Antón Sobral posúe unha intensa traxectoria profesional realizando desde o ano 68 máis de cen exposicións en toda Galicia e, a partir dos 90, en Milán , Viena A Habana, Nova York así como en Francia ou Alemaña entre outros países. Con estas viaxes Sobral inicia un intercambio cultural desde a presidencia da Asociación de Artistas Plásticos de Pontevedra. Poesía, música, teatro, conferencias etc.. son outras das facetas deste recoñecido artista, ademais de coordinar encontros de Arte e Natureza desde hai anos.

A crítica define a súa pintura como de fonda reflexión e exquisita factura, cunhas  características  gradaciones de cor en visión horizontal que definen o mar e o afastado horizonte.

O escultor Tino Canicoba  presenta unha selección das súas últimas pezas. Comeza a súa traxectoria artística no 1989, con exposicións en Santiago de Compostela, Madrid e Pontevedra. Nos seguintes  anos intensifica o seu traballo con numerosas  exposicións que compaxina coa presentación da súa obra, que resulta premiada, a diversos certames, como o Certame de Tuy, de Lugo, a Bienal  Nacional de escultura de Andujar,  o Certame Vila de Madrid ou o máis recente premio de escultura Reina Sofia en Madrid.    Estes últimos anos presentou a súa obra en Novacaixagalicia,  en Baiona, en Santiago de Compostela e en Ferrol.A súa escultura caracterízase polo seu traballo en madeira de talla directa,  habitualmente policromada con temas    variados, tendo a figura humana como fío condutor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies