Exposición Canina internacional en Melide

0

Melide, 22 de maio do 2019 –  Melide acollerá durante as xornadas de sábado e domingo a 89 Exposición Nacional Canina C.A.C, a 39 Exposición Internacional C.A.C.I.B e a 90 Exposición Nacional Canina C.A.C. que terá lugar por primeira vez na vila e que está organizada pola Sociedade Canina Galega.

A alcaldesa de Melide, Dalia García e Tono Méndez, un dos principais organizadores da exposición canina presentaron o evento aos medios de comunicación. Os xuízos, comezarán o sábado pola mañá e rematarán o domingo pola tarde, onde se poñerán en xogo dous C.A.C, puntos para o Campionato de España e un C.AC.I. B, punto co que se pode obter o título de Campión Internacional. Ademais, o sábado pola mañá, faranse aptos de cría e rexistros iniciais para aqueles cans que sexan de raza e carezan de pedigree.

Entre os asistentes, haberá participantes nacionais e doutros países como Francia, Bélxica, Portugal, Rusia, Reino Unido, Perú, México e Alemaña que xa conseguiron o título de campión nos seus respectivos países e tentarán conseguir facerse co título de campión en España.

O evento xa conta con máis de 1000 exemplares inscritos de 120 razas diferentes onde as que terán maior representación na Exposición Nacional serán o Bulldog Francés, Labrador Retriever e Bullmastiff. O domingo na Exposición Internacional a raza con máis participantes é Bulldog Francés, seguida das razas Labrador Retriever e Bulldog Inglés.

Dalia García, alcaldesa, amosábase satisfeita porque unha vila como Melide fose capaz de acoller un evento destas características, propio de grandes cidades como Madrid, Barcelona ou Vigo e que este ano, converterán a Melide durante a última fin de semana de maio nun punto de referencia a nivel nacional e internacional no ámbito canino. Pola súa banda, Tono Méndez, facía especial fincapé en que “por primeira vez para achegarase o mundo do can a todos os públicos e farase alcanzable con entrada gratuíta, co fin de que todos poidan gozar deste evento”.

Horario de actividades no palacio de congresos de melide

Todas as actividades levaranse a cabo no palacio de congresos e exposicións de Melide, comezando o sábado 25 de maio ás 9h da mañá cos primeiros xuizos, ás 15h terán lugar as finais infantís e xuvenís e ás 15.30h as grandes finais no correspondente á exposición nacional canina C.A.C.

A actividade o domingo comezará tamén ás 9h da mañá cos primeiros xuizos, e ás 14.30h as finais infantís e xuvenís e será ás 15h cando se deputen as grandes finais en relación á 39 Exposición Internacional Canina C.A.C.I.B. e a 90 Exposición Nacional Canina C.A.C. de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial