Exposición da Asociación de pintores coa boca e o pé no Centro Cívico do Ensanche

0

Compostela, 15 de marzo do 2019 – A Asociación de pintores coa boca e o pé expón estes días os traballos dos seus integrantes no Centro Socicultural do Ensanche.

A Asociación de Pintores coa Boca e co Pé foi creada en 1957 cando o pintor  Erich  Stegmann e un pequeno grupo de artistas discapacitados de 8 países europeos fundan unha organización para axudarse mutuamente.  Erich  Stegmann, vítima da  poliomielitis, quedou privado do uso das súas mans e construíuse unha próspera carreira como pintor coa boca en Alemaña.

O principal obxectivo era comercializar a súa obra reproducindo os seus cadros orixinais en calendarios, tarxetas de felicitación, láminas e ilustrando libros. O resultado desta iniciativa chegou a ser un movemento artístico mundial exclusivo, estando presente na actualidade en 74 países, con aproximadamente 800 artistas.

En España fundouse cando en 1957  Stegmann entrou en contacto con Manuel  Parreño Rivera, que se converteu no primeiro artista español da Asociación. A sede atópase en Madrid e encárgase da difusión e distribución das obras dos artistas por todo o país.

O obxectivo dos membros da Asociación é poder vivir do seu esforzo e do seu traballo, a través da aceptación e recoñecemento da calidade das súas obras. A súa única fonte de ingresos é a venda dos produtos (tarxetas, calendarios, láminas, libros,…) reproducidos a partir de orixinais pintados coa boca ou co pé.

Pode pertencer á Asociación calquera persoa que perdese o uso das mans e que queira pintar suxeitando o pincel coa boca ou co pé.

Mostra no Ensanche

A exposición que se presenta en Santiago de Compostela consta de ao redor de 34 cadros dos máis recoñecidos artistas membros da Asociación de Pintores coa Boca e co Pé de todo o mundo.

Ademais de obras de artistas internacionais, a exposición mostra obras dos mellores artistas nacionais, como Manuel  Parreño e Cristóbal M. Toledo.

O obxectivo desta exposición é exclusivamente a difusión da obra dos nosos artistas para que a xente, que xa coñece a Asociación a través das tarxetas e calendarios que comercializa, poida gozar dos cadros orixinais e apreciar a súa calidade artística.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial