Exposición de fotografía da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

0

Teo, 11 de febreiro do 2019 – Xa pode visitarse a exposición de fotografía que recolle o traballo da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e das mobilizacións cidadás máis significativas que levaron a cabo na súa curta traxectoria.

As 17 fotografías que compoñen a exposición son autoría de Lorena Cao e Moncho Rivadulla, dous fotógrafos que acompañaron á plataforma dende o inicio da súa andaina e que ofreceron o seu traballo de maneira altruista para deixar pegada destes intres de loita que agora se poden ver nas paredes da casa de xantar O Dezaseis, en Santiago de Compostela, ata o 28 de febreiro.

A selección de imaxes recolle dende aquela primeira andaina á canteira no mes de xuño ata a gran cadea humana de setembro, pasando polo festival DesPlanta Sons ou as reunións veciñais no baixo do restaurante San Martiño. Son intres capturados no tempo que reflicten a intensidade coa que Teo e contorna viviron esta loita ao longo do pasado verán.

Dende que saltaran as primeiras alarmas na primavera de 2018, a cidadanía amosou de maneira unánime o seu rexeitamento á instalación dun macrovertedoiro na antiga canteira da Casalonga. A constitución desta plataforma foi o primeiro paso dunha loita que abrangue diferentes ámbitos, dende o legal ata o veciñal. As diferentes mobilizacións cidadás que os visitantes poderán ver nas imaxes escollidas conseguiron botar abaixo os dous proxectos presentados pola empresa propietaria dos terreos, pero non por iso a ameaza deixou de estar presente: agárdase que nos primeiros meses deste 2019 a empresa presente un novo proxecto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial