Abre a exposición Músicas galegas ilustradas na Gentalha

0

Compostela, 8 de febreiro do 2018 –  As mulleres da música galega ilustradas por Laura Romero son o fío condutor da exposición que a partir das sete da tarde ábrese na Gentalha do Pichel.

Músicas galegas ilustradas é un proxecto no que Laura Romero leva traballando tempo e co que quere dar visibilidade a gran cantidade de músicas que existen xa que, como se demostra nos espectáculos que se programan a nivel musical, as mulleres son minoría en case todos os festivais e concertos.

Na inauguración estará a ilustradora e tres músicas de diferentes estilos. Xiana Lastra da Banda da Loba e Catuxa e Iolanda de Soul Maxín. As catro falaran sobre as súas experiencias e sobre a visibilidade da muller no panorama musical galego.

Na web de Laura Romero podemos ler a biografía de esta ilustradora na que ela mesma di “o meu estilo tende sempre á figuración realista, aínda que adoito a xogar con variantes do mesmo dependendo do tipo de proxecto no que estea traballando (libro infantil, ilustración para cartelería, deseño de logo…).

Son alicantina de nacemento pero galega de adopción desde os oito anos. Licencieime en Belas Artes na Universidad de Salamanca, e pasei uns meses na Universitat de Barcelona cunha beca de intercambio. Cursei un Máster en Creación e Investigación en Arte Contemporánea na Universidade de Vigo, durante o cal realicei prácticas de montaxe de exposición no Culturgal cos artistas e comisarios Paula Cabaleiro e Antón Sobral.

Tamén fun voluntaria en Aldeas Infantiles (Vigo) e Down Compostela como monitora de obradoiros artísticos.

A miña adhesión a Zënzar (grupo veterano do rock galego) como baixista lévame a crear o que hoxe é o meu proxecto persoal de maior repercusión Músicas Galegas Ilustradas. Con el participo en conferencias e mesas redondas sobre o tema muller e música. O proxecto ten unha web propia que podes visitar aquí: musicasgalegasilustradas.com.

Actualmente vivo e traballo en Ordes, na provincia de A Coruña

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial