займ срочно

A Esperanza acolle unha exposición para sensibilizar sobre o cancro de mama

0

Compostela, 6 de outubro do 2018 – Con motivo da celebración do mes de sensibilización sobre o cancro de mama o Hospital  HM A Esperanza de Santiago de Compostela alberga ata o xoves 11 unha exposición de fotografía.

As imaxes foron tomadas pola fotógrafa Rosa Galego do Peso e nelas expóñense as diferentes etapas da patoloxía. A través desta iniciativa,  A mostra tena así sensibilizar sobre o cancro de mama e do sanatorio A Esperanza viaxarán ao  Centro Integral Oncolóxico Clara Campal ( HM  CIOCC Galicia) que será inaugurado proximamente. 

A exposición poderase contemplar tamén noutros centros de  HM Hospitais de León, Madrid e Cataluña, reflicte a través de catro imaxes a evolución do cancro de mama, desde o primeiro momento, co diagnóstico, ata o último, cando a enfermidade é superada. As fotografías pertencen á serie ‘Sempre amence’.  No deseño da exposición participou a Dra. Mercedes Ferreiro Conde, da Unidade de Mama  Gine4 de  HM Hospitais. A especialista foi a encargada de darlle forma aos pés de foto que acompañan a cada unha das fotografías.

Continuidade coas cuartas Xornadas sobre o cancro de mama

A exposición é a primeira das iniciativas que  HM Hospitais levará a cabo en Santiago de Compostela relacionadas co mes de concienciación sobre o Cancro de Mama. O xoves 18, o Hotel Araguaney será escenario da cuarta edición das Xornadas do cancro de mama organizadas polo Hospital  HM Rosaleda. Será unha sesión aberta ao público na que se darán catro relatorios relacionados coa patoloxía. As Xornadas contarán como moderadoras coa Dra. Teresa Curiel, do Servizo de Oncoloxía Médica de  HM  CIOCC Galicia, e coa Dra. Cristina Varela, da Unidade de Cirurxía da Mama do Hospital  HM Rosaleda. Nelas trataranse temas relacionados coa estética oncolóxica, farmacia,  psicooncología e  sexología.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies