займ срочно

O F.C. Meigas, de fútbol feminino, organiza unhas xornadas de captación

0

Ames, 22 de agosto do 2017 – O próximo 1 de setembro comezan os adestramentos do Primeiro equipo e do Infantil Autonómico do F.C. Meigas. As rapazas interesadas en formar parte destes equipos, poderán participar dos primeiros adestramentos do club e optar elixidas para formar parte do club.

Os adestramentos do F.C Meigas serán, na categoría de Infantil Autonómica, os mércores, entre as 18:30h e as 20:00 horas, no pavillón do Milladoiro; e os venres, de 18:00h a 19:30h, no pavillón de Bertamiráns. Na categoría Senior Provincial, as futbolistas adestrarán de 20:00h a 22:00h, os mércores, no Milladoiro; e os venres, no pavillón de Bertamiráns, entre as 19:30h e as 21:30 horas.

O equipo Infantil Autonómico (entre os 13 e os 14 anos)  é unha das novidades do F.C. Meigas de cara á nova tempada e competirá cos mellores equipos infantís de Galicia. Pola súa banda, o equipo Senior Provincial (formado por rapazas de máis de 15 anos) repetirá este ano a súa participación na Liga Provincial da Coruña, loitando polo ascenso á categoría Autonómica.

Para formar parte dalgún destes equipos de competición é preciso contactar co coordinador deportivo do club, Diego Montero, a través do número de teléfono 670 518 120 ou mediante o correo electrónico fcmeigas@gmail.com. As probas realizaranse ata o vindeiro 15 de setembro.

Aberto o prazo de inscrición da Escola de Fútbol Sala Trasgos

O prazo de inscrición está aberto para as seguintes categorías: prebenxamín 1º (nados en 2012-2013), prebenxamín 2º (2010-2011), benxamín (2008-2009), alevín (2006-2007), infantil (2004-2005) e cadete (2002-2003). As inscricións deben ser feitas telefonicamente no número 670 5018 120 ou a través do correo electrónico efstrasgos@gmail.com.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies