Fademga conmemora o Día Internacional da Discapacidade

0

Teo, 1 de decembro do 2017 – Fademga Plena inclusión Galicia conmemora o Día Internacional da Discapacidade celebrando o Encontro Autonómico de Autoxestores esta fin de semana no Hotel Congreso de Teo.

Persoas con discapacidade intelectual chegadas de toda Galicia reuniranse en no Encontro de Autoxestores Autonómico, que chega á súa décimo sétima edición coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

A liña temática deste encontro, elixida polos propios grupos de autoxestores será a Vida Independiente. Coa elección desta tema, as persoas con discapacidade intelectual queren poñer o foco na necesidade de establecer modelos que faciliten a vida independente e inclusiva, para que aquelas que así o desexen poidan vivir de maneira autónoma na sociedade.

Actualmente moitas entidades de este movemento asociativo xa prestan apoios e servizos a estas persoas para a súa plena inclusión, facilitando o seu desexo a vivir de forma independente cos apoios que precisen.

A xornada tamén incluirá un encontro con periodistas, onde se levará a cabo un debate crítico sobre o tratamento que fan os medios de comunicación da discapacidade e a imaxe que reflicten da mesma.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies