займ срочно

Volve o Falaredes cunha actividade protagonizada polos Bolechas

0

Bisbarra, 13 de setembro do 2017 – A sexta edición do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’ retoma as súas propostas e faino cunha nova actividade familiar e participativa protagonizada por os famosos Bolechas.

O secretario xeral, Valentín García, presentou a nova actividade Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas, que iniciará este sábado en Moraña a xira que continuará por 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. A cita será a partir das seis da tarde na Casa da Cultura de Moraña.

O responsable de Política Lingüística sinalou que se trata dunha actividade “especificamente pensada para familias novas con cativada dos catro aos dez anos, para quen os coñecidos bonecos son referentes galegofalantes cos que ano a ano tentamos chegar con temáticas e propostas diversas pero sempre atractivas co obxectivo de animalos a participar, a socializar e a desenvolverse en galego en todos os ámbitos da vida”. Acompañárono na presentación a alcaldesa, Luisa Piñeiro, e mais un dos responsables de Bolanda Edicións, Tomás Valín.

O espectáculo chegará, do 16 de setembro ao 5 de novembro, a Moraña, Sober, Castrelo de Miño, Barro, Caldas de Reis, Castro Caldelas, Triacastela, Quiroga, Rianxo (en colaboración coa Mancomunidade Ría de Arousa Zona Norte), Pazos de Borbén, A Bola, Frades (en colaboración coa Mancomunidade da Comarca de Ordes), Padrón, Negreira, Santa Comba, Arteixo, Zas, Mos, Bueu, Ordes e Xove. Toda a información xa está dispoñible no enlace http://www.lingua.gal/dechispaatata.

‘Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas’

Os seis irmáns Bolechas, Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos, están facendo o Camiño de Santiago e paran na pensión de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.

Como é habitual, nesta proposta dos Bolechas para ‘FalaRedes’ a participación non se limita ao día do espectáculo, senón que se amplía e ten continuidade a través das novas tecnoloxías. Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao web osbolechas.gal/dechispaatata  para seguir xogando e aprendendo e mais para conseguir ata 20 lotes dos seus libros.

Trátase da cuarta proposta de dinamización lingüística que chega á RDL en exclusiva da man dos Bolechas, que xa levaron as actividades ‘Os Bolechas na máquina do tempo’ , ‘Os Bolechas e o sabichón’ e mais ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’ en edicións anteriores do ‘FalaRedes’.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies