Falaredes chega este domingo a Negreira

0

Negreira, 30 de novembro do 2018 – O programa Falaredes, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, chega este domingo a Negreira coa obra Asubios de Elefante Elegante.

Falaredes distribúe nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) esta eza teatral, especialmente pensada para público familiar con cativada desde os tres anos, que fai fincapé na necesidade de implicármonos no coidado do medio natural. A cita no Centro Sociocultural de Negreira será ás 12:00 do mediodía.

‘Asubíos’ é a quinta actividade do ‘FalaRedes 2018’, unha peza teatral inspirada no universo literario do escritor Mia Couto e no conto “O frautista de Hamelín” recollido polos irmáns Grimm. Se no orixinal do mozambicano o asunto de fondo era a racismo, na reinterpretación que fai a compañía do Elefante Elegante o eixo temático muda e oriéntase ao medio natural e á necesidade de vivir en harmonía con el. A obra está especialmente indicada para familias con cativada desde os tres anos de idade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial