Falmega e Villaromarís, en Oroso, uniranse por unha senda peonil

0

Oroso, 14 de xuño do 2018 – O Concello de Oroso terá unha nova senda peonil de máis de 700 metros que conectará o núcleo de Falmega, na parroquia da Gándara, con Villarromarís.

Manuel MIrás visitando algunha das sendas peonis do concello

Manuel MIrás visitando algunha das sendas peonis do concello

A senda peonil corresponde a un tramo que quedaba por facer na senda de seis quilómetros que comeza en Sigüeiro, continúa por A Gándara e remata en Villaromarís.   As obras, cun orzamento cercano aos 100.000 euros, comezarán grazas a un investimento da Deputación da Coruña.

Según o alcalde, Manuel Mirás, “Era unha demanda veciñal que desde o concello trasladamos ao organismo provincial, non foi atendida cando o Partido Popular gobernaba na Deputación, pero agora sae adiante cun goberno socialista. Para o Concello é unha prioridade mellorar as comunicacións entre o centro urbano e as parroquias do municipio. Era ademais un compromiso electoral que cumprimos para mellorar a vida dos veciños e a seguridade viaria nun tramo moi transitado”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial