займ срочно

A falta de mantemento retrasa a apertura das piscinas de Melide

0

Melide, 8 de xullo do 2019 –  O Concello de Melide vén de anunciar o retraso da apertura das piscinas municipais, situadas na área recreativa do río Furelos, por mor “do mal mantemento realizado polo anterior equipo de goberno local”.

Ao longo desta semana, despois de avaliar os diferentes problemas por parte do actual equipo de goberno, estanse a levar a cabo diferentes traballos de mantemento e arranxo de distintas deficiencias “que xa tiñan que estar arranxadas polo anterior equipo de goberno, encabezado por Dalia García, co fin de poder abrir as piscinas co comezo do verán como é habitual”.

apertura das piscinas de MelideO actual goberno de Melide, encabezado por José Manuel Pérez, explica que “tomamos posesión o 15 de xuño, e o primeiro que atopamos enriba da nosa mesa foi un informe de sanidade onde indica que non se poden abrir as piscinas municipais de Furelos por falta de mantemento e deficiencias”.

Garantir a seguridade e cumprir coa normativa

O Concello de Melide avaliou todos os informes feitos ata o momento con respecto á situación actual das piscinas municipais de Furelos. Co fin de garantir unha infraestrutura básica para o lecer e tempo libre de todos os veciños e veciñas da vila e tamén visitantes que se achegan a Melide durante a época estival, realiza durante estes días melloras na instalación para garantir a seguridade de todos os usuarios e usuarias e tamén para cumprir coa normativa vixente.

“Sería moi irresponsable pola nosa banda privar á veciñanza da utilización dun servizo tan demandado nos meses de xullo e agosto. Retrasaremos a apertura das piscinas descubertas municipais por causas alleas ao goberno local, pero contaremos con esta instalación en óptimas condicións cando rematen os traballos de mantemento. O retraso da apertura deste servizo ten un só culpable: a nefasta xestión do equipo de goberno anterior encabezado pola popular Dalia García”, apuntan dende o goberno municipal de Melide.

apertura das piscinas de MelideDende o Concello de Melide piden desculpas a toda a veciñanza polas molestias que o mantemento deste servizo poida ocasionar. “Tan pronto como se den as condicións de seguridade e sanidade para poder gozar da instalación quedará aberta ao público”.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies