займ срочно

Guerra de declaracións entre políticos pola falta de policías locais en Ames

0

Ames, 19 de agosto do 2018 – A falta de policías locais en Ames, ao ter moitos axentes de baixa, abre unha guerra política entre o alcalde, Psoe, e Pacto x Ames e Partido Popular que piden a súa dimisión.

As queixas de veciños pola falta de policías locais é, desde hai semanas, habitual nas redes sociais. Xa sexa pola non presenza en actos públicos ou pola non resposta as chamadas nocturnas distintas publicacións mostraban o enfado en Facebook o que, xunto as comunicacións directas recibidas da veciñanza, motivaba que Pacto x Ames presentara, o pasado día 9, un escrito por rexistro pedindo información sobre o tema.

Este pasado martes, día 14, tiña lugar unha xunta de portavoces na que o alcalde, José Miñones, dou conta, como xa fixera en xullo, da situación da Policía Local con bastantes axentes de baixa e explicou as medidas que se barallan para solucionar os problemas que a situación provoca. Tras saír da xuntanza o alcalde, según nota conxunta enviada por Pacto x Ames e PP, o enviou unha mensaxe por whatsapp a tódolos portavoces pedindo prudencia nas declaracións xa que desde o mando da Garda Civil considerábase que desvelar demasiados datos podía servir de reclamo a delincuencia.

Declaracións en medios e nas redes sociais

O pasado día 16 o xornal La Voz de Galicia publicaba unha nova sobre a cuestión na que daba cifras concretas sobre o número de axentes dispoñibles e engadía a negativa dos mesmos a facer horas extras por diferenzas de criterio co equipo de goberno. O alcalde recoñecía ese mesmo día, no seu perfil público en Facebook, que falara co medio aínda que desvinculaba a falta de efectivos do tema das horas extras ” Onte atendín a este medio para trasladar a problemática que se está a ter estes meses de verán na Policía local de Ames que nas últimas semanas está a ter un número importante de baixas por IT común. Volcamos os esforzos na cobertura dos servizos e reforzamos coa Guardia Civil de Milladoiro.

Sobre a nova que sae, aclarar antes de que algúns se aventuren e equivoquen, decir que a modificación da RPT non ten nada que ver con esta situación xa que estas modificacións que levamos non modificaron absolutamente nada da Policía, e a única reivindicación existente dos sindicatos policiais a día de hoxe é para unha modificación dos complementos de destino e específico que están sendo tratadas”.

Seguindo co relato dos feitos este sábado Pacto x Ames e PP enviaban aos medios unha nota de prensa na que pedían a dimisión do alcalde por revelar datos concretos e por, ao seu xuízo, en risco a cidadanía. A nova publicada en La Voz non indicaba que fora o alcalde que dera eses datos pero o propio José Miñones criticaba, novamente en Facebook, a nota enviada por Pacto x Ames e PP ao tempo que daba a entender quen si dera esa información ” Hai unha realidade que este Goberno non ten problema de decir (será que non foi no medio preciso, pero foi o que chamou e atendemos), do mesmo xeito que non ocultamos que a través da Guardia Civil e emerxencias se fai o esforzo de cobertura da seguridade ante unha situación anómala e puntual de baixas”.

Na nota remitida onte Pacto x Ames e PP piden a dimisión de Miñones e explican ” O texto do Whatsapp enviado aos voceiros demostra que o Alcalde de Ames non é de fiar, que utiliza a información con fins ilícitos, que carece de toda ética e que a súa irresponsabilidade pon en perigo a seguridade dun concello.

Unha actitude que contrasta coa seriedade e responsabilidade dos Grupos Municipais que gardaron o deber a reserva  tal e como solicitou o propio Alcalde, que como el mesmo recoñece, foi dende a Garda Civil do Milladoiro que lle solicitou esa discreción.

Por se isto non abondara, o Alcalde Miñones dedicouse a darlle pábulo, a difundir e a presumir nas redes sociais de que atendera a un medio de comunicación sen pararse a pensar que nas redes abundas persoas amigas do alleo e que están moi pendentes destas noticias, sobre todo no verán, para sacarlle partido a estas irresponsable manifestacións feitas, por incrible que pareza, polo mismísimo Alcalde de Ames”.

Debate vello sen solucións 

Máis alá da polémica está o problema en si que afecta aos 30.000 veciños e que polo momento non ten solución. Non está de máis recordar que os concellos de máis de 20.000 habitantes deben ter unha comisaría de Policía Nacional que podería ser un reforzo en casos como o actual pero polo momento ninguén parece querer reclamala aínda que si exista en un concello de poboación parecida como Ribeira. A Garda Civil pola súa banda xa ten recoñecido que non ten suficientes efectivos para toda a extensión que ten que cubrir, algo que hai un ano denunciaba tamén Pacto x Ames. Finalmente na convocatoria de praza de policías locais feita hai uns días pola Xunta de Galicia de 8 que se habilitan na bisbarra ningunha será en Ames.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies