Denuncian oscurantismo na aprobación do PXOM de Trazo

0

Trazo, 22 de xaneiro do 2018 – O BNG de Trazo acusa ao goberno municipal, e a Xunta de Galicia, de falta de transparencia na aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM, do concello.

pxom trazoHoxe luns remata o prazo de alegacións ao PXOM despois de que hai dous meses fora aprobado de xeito inicial. Os nacionalistas denuncian que en todo este tempo o documento non estivo a disposición da cidadanía nin na web municipal nin na autonómica o que dificulta a presentación das reclamacións.

O BNG engade á denuncia os problemas da propia oposición municipal a que se lle nega o acceso a moita da documentación oficial. O Bloque lembra que xa se lle ocultou información a veciñanza cando unha empresa quixo encher unha canteira de residuos procedentes de SOGAMA, informándoos só cando xa remataran os prazos de alegacións.

Desde o BNG animan aos veciños a exercer os dereitos a consulta e alegacións e móstranse dispostos a levar o tema ao Parlamento si fora necesario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial