Gabinete de Crise formado por Fegamp, Xunta e Estado

0

Compostela, 17 de marzo do 2020 –  A Federación Galega de Municipios e Provincias participa no gabinete de crise creado en Galicia xunto coa Delegación do Goberno e a Xunta de Galicia.

En este Gabinete de Crise o papel da Fegamp é trasladar a situación nos concellos e as súas necesidades. Hai un par de semanas entrevistábamos a Alberto Varela, o novo presidente, e o volvemos a facer para coñecer como están indo as cousas.

Gabinete de Crise formado por Fegamp, Xunta e EstadoO domingo este órgano de emerxencia tiña a segunda reunión tal e como nos conta Alberto Varela

os concellos pequenos teñen unha vantaxe na dispersión da poboación, que rebaixa a posibilidade de contaxio, e ao mesmo tempo un inconvinte ao ter menos recursos. Desde a Fegamp trasladouse estes problemas que terán que ser solucionados coa colaboración de todas as administracións.

Onte escoitábamos a algúns alcaldes expresar a preocupación pola falta de material sanitario, é algo que xa se trasladou ao goberno do estado lembrando que servizos como os da axuda no fogar o precisan para poder facer o seu traballo

Desde a Fegamp seguen en contacto con tódolos concellos e irán vendo como evoluciona a situación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial