займ срочно

Alberto Varela, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

0

A Fegamp ten como institución o mérito de aglutinar a concellos de todos os colores políticos e de ser a única autonomía de España que ten na Federación ao cen por cen de municipios.

Alberto Varela, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)Alberto Varela, acalde de Vilagarcía, é o novo presidente e falamos con el sobre o traballo que fai a Fegamp e os seus retos para o mandato. Comezamos preguntando por esa certo paradoxo que se da ao ser un organismo tan importante, ao integrar concellos, Deputacións e Mancomunidades, e a discreción coa que se comporta habitualmente

Como alcalde de Vilagarcía coñece os problemas do rural pero tamén das zonas urbanas. A queixa repetida en concellos que se atopan a cabalo entre as grandes urbes e os pequenos pobos é  a dificultade para financiarse

As Deputacións xeraron debate ata que o traballo que realizan impúxose a liorta política. No caso dos concello pequenos máis que unha necesidade é unha cuestión de supervivencia

Alberto Varela, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)Os máis de 300 concello que hai en Galicia supoñen un inconvinte no momento de pensar como mellorar o territorio. Alberto Varela ten bastante claro que as fusións de concello non funcionaron ata o de agora polo que a colaboración entre municipios debe ser a saída

Para estes catro anos Varela pon enriba da mesa dous temas principais. Por unha banda a xa mencionada financiación, non só a nivel autonómico se non tamén estatal; e as chamadas “competencias impropias”, eses servizos que recaen nos concellos sen que quede claro que lles correspondan

Dentro de ese apartado, e como consecuencia do envellecemento da poboación, está o servizo de axuda ao fogar. O custo que supón é unha queixa repetida polos concellos que ven que se trata dun servizo do que non poden prescindir

Quedámonos con esa última frase “traballar para cambiar as cousas”, é algo que a Fegamp fai desde hai tempo e con xente de todos os cores políticos. A discreción que mencionábamos ao principio é unha magoa porque o exemplo de colaboración que da esta institución tería que ser un obxectivo para outras moitas.

Alberto Varela, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies