Feira de Reis e festival cos magos de Oriente en Touro

0

Touro, 3 de xaneiro do 2019 – Tódolos días cinco en Touro hai feira e a véspera de Reis é unha das más sinaladas por coincidir coa chegada dos magos.

Os Reis visitarán coa súa caravana tódalas parroquias do concello ao longo da mañá. O Festival terá lugar pola tarde no Pavillón Polideportivo Municipal, onde está instalado o Belén Vivinte. No Belén Vivinte, que ocupa case toda a pista de deportes do pavillón,

Está previsto que ás 16.30 horas as súas Maxestades de Oriente saian da ‘Residencia Os Tercios’ acompañados pola Banda de Musica Isabel II de Touro e a súa Banda Xuvenil, que tamén interpretarán varios temas durante o Festival de Reis. Os Magos chegarán ao Belén Viviente ás 17.00 horas. Alí farán a ofrenda ao Neno Xesús, papel que asumirá un pequeniño de poucos meses do Concello de Touro.

Sobre ás 17.30 horas comezarán as actuacións musicais. O Festival rematará coa entrega de agasallos por parte das súas Maxestades de Oriente. Haberá chocolatada e churros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial