Negreira, 31 de agosto do 2017 – Negreira abre setembro coa décimo primeira edición da Feira do Románico que durará ata o domingo día 3.

O mercado estará aberto ata o domingo con artesáns de distintos oficios relacionados con materias como o coiro, a pedra ou a madeira. Postos de comida, herbas, ou xogos. Tódolos días haberá exhibicións de cetrería e un recuncho infantil con contacontos e obradoiros para os máis cativos.

Este venres ás dez da noite terá lugar o primeiro dos espectáculos que leva por nome Fuego Valirio e no que se combina o lume coas acrobacias.

O domingo ao longo de todo o día os músicos e persoaxes percorrerán a feira tocando e contado as súas historias. A partir das dez da noite o teatro de rúa de Subumbra e as últimas músicas porán fin a 3 intensos días de actividades na XI Feira do Románico de Negreira.

Como tódolos anos a Feira do Románico instalarase na Carreira de San Mauro, en torno ao Pazo do Cotón. Ademais dos postos de comida e o recuncho infantil hai baños públicos no campo da feira e zona de aparcamento xunto ao instituto de secundaria. As actuacións de rúa, ademais de percorrer o mercado, terán lugares de parada na Praza do Ferreiro e no Campo da Feira.

Se non vos queredes perder nada vos deixamos toda a información e o mapa Guía Feira do romanico de negreira

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies