Comeza o Feito a Man con Moisés Fernández, Zafra e Napalma

0

Compostela, 1 de agosto do 2018 – O Feito a Man abre unha edición que pode ser das mellores dos últimos anos e faino co flamenco de Moisés Fernández, e o funk de Zafra e Napalma na Praza de Cervantes.

Moisés Fernández Quintet levanta o pano do encontro as oito da tarde na Praza de Feixoo.  Cinco artistas chegados de diferentes formacións do mundo do flamenco, uníronse para crear un espectáculo repleto de sabores e matices, cargado de emocións, que consegue transmitir a esencia do flamenco. O grupo está composto por David Flores á guitarra, Rubén de Marchena e Sansón Flores ao cante, Moisés Fernández na percusión, e Isaías Salazar ao baile.

As 21.45 a Praza de Cervantes abre un escenario cheo de ritmo. Zafra serán os primeiros en tocar; un cuarteto integrado por Alejandro Vargas (piano), Mauricio Caruso (guitarras), Reynier Aldana (baixo e voz) e LAR Legido (batería). Integran  as sonoridades de ritmos cubanos e africanos partindo de composicións propias, creando unha base rítmica e danzable.

A continuación o prato forte da xornada, Napalma. Esta formación xirou por medio mundo coa súa fusión de influencias brasileñas e africanas. Creado en 2004 durante o carnaval en Vitória (Brasil), o seu espectáculo é o resultado da mestura de grooves electrónicos poderosos coa percusións, os ritmos que proveñen da herdanza afrobrasileira e as voces en portugués, inglés e shangaan (Mozambique). Ivo Maia e Cid Travaglia traeránnos os sons do seu último álbum, “A big funky family”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial