Compostela, 18 de agosto do 2018 – Do funk ao blues ou o gypsy jazz, no Feito a Man do sábado todo ten cabida.
Novamente teremos sesión vermú a partir das 13.30, será na praza de Feixoo. O Feito a Man proponnos unha combinación de música en directo conSoultrain e os DJs Miguel María vs Juan Andrés. SoulTrain é unha banda que xurde na cidade de Santiago de Compostela fai uns poucos anos co fin de recrear en directo os ritmos potentes do funk, do soul e da música disco dos anos oitenta. SoulTrain traballa dende un formato pequeno de guitarra, baixo eléctrico e batería acompañando a unha voz feminina. O repertorio da banda conta con máis de vinte cancións, incluíndo tanto temas propios como versións de grandes artistas como Aretha Franklin, Jamiroquai, Stevie Wonder, Chic ou Nile Rodgers. Con un directo de dúas horas de duración, SoulTrain adáptase a todo tipo de espazos e ofrece unha indescritible enerxía positiva enriba do escenario.
Xa polo serán, as sete e media, Coolflanders estarán en Santo Agostiño. CoolFlanders repasa nos seus concertos algunhas xoias da música negra. Xoga con obras coñecidas e descoñecidas, traéndoas ao seu terreo. Adaptacións de James Brown, Michael Jackson ou Tom Jones cociñadas nun espectáculo divertido e distinto.

handle with swing
Rematarán o sábado os Handle With Swing as dez da noite na rúa Xelmirez. Tratasé un trío de swing- jazz feito á man nado no 2018 en Santiago de Compostela. Ofrece degustar musicalmente un menú de moito swing con guarnición crooner, maridado con viños bluseiros e doces de bo rollo. Todo cociñado con músicas a medio tempo e luz a medio gas.
Onte éxito de Los Fabulosos Weekend que encheron San Martiño Pinario e a Madrid Hot Jazz Band que puxeron a xente a bailar en San Paio.