Andhrea and The Black Cats e Hot Club of Spain no Feito a Man

0

Compostela, 8 de agosto do 2017 – Continúa o festival organizado pola Asociación Cidade Vella e faino saldando unha conta pendente con Andhrea & The Black Cats que o ano pasado non puideron actuar pola chuvia. A cita de hoxe será as 8 da tarde na Vía Sacra.

Andhrea & the Black Cats é un trío de blues compostelá que reinterpreta clásicos do xénero dos anos 40, 50 e 60. O repertorio comprende temas de Robert Jonson, Muddy Waters, Son House… Tanto a escolla dos temas como a forma de  arranxalos e interpretalos fai que os concertos deste trio sexan dinámicos e divertidos.

Andhrea Morant é a cantante e que tamén fai as labores de percusión miúda e os Black Cats son Benjamín Vázquez na guitarra e Ramón Figueira na harmónica.

A continuación, en San Paio de Antealtares, a partir das dez tempo para Hot Club of Spain.

Hot Club of Spain é unha formación encadrada no mundo do jazz que interpreta un estilo que posúe unha personalidade moi propia, o Jazz Manouche, un estilo inspirado na herdanza musical dos manouches, é dicir, dos xitanos de Francia e Centroeuropa. O jazz manouche é unha mestura do jazz americano dos anos 30, o Music Hall francés e o folk dos países do leste de Europa. Posúe un lánguido e seductivo “feeling” caracterizado por cadencias, ritmos e tempos rápidos.

Está formado por Juan Arenales “Sandman”, Titi Bamberger, Alberto Penoucos, Karin Van Kooten e Enrique Lafuente.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies