займ срочно

Cuba visita o Feito Man na voz de Kamankola

0

Compostela, 6 de agosto de 2017. Continúa o Feito a Man que este ano ten máis concertos e unha interesante programación internacional como o cubano Kamankola que chega esta tarde.

[columns]
[column size=”1/3″]A cita con kamankola será as oito da tarde na Praza de Feixoo. Este artista cubano mestura o rap coa canción. A súa música é unha fusión de xéneros que vai da rumba ao jazz e do rock and roll ao guaguancó. Tocou en moitos escenarios de Cuba e do estranxeiro e compartiu escenario con innumerables artistas de todo o mundo.[/column]
[column size=”2/3″][/column]
[/columns]

A seguinte cita e un encontro coas versións de bo nivel. As nove e cuarto na praza da Quintana estará Trifasic. Ana Lucía Fernández e os incombustibles leo Giannetto e Carlos Arévalo teñen un amplo abano de versións do mellor pop, funk, soul ou rock que van da década dos 60 ata os 80.

A xornada rematará cun pouco de jazz estilo libre baixo o curioso nome de Fritanga, será as dez e media da noite en Tras Salomé. Fritaga é un trío formado por Pablo Sax (saxos + electrónica), LAR Legido (batería e obxectos sonoros) e David Santos (baixo eléctrico), que practican un free jazz rabudo en base a liberdade na improvisación que o momento da mesma precisa, sen concesións, e abertos ao mesmo tempo a beleza dos silencios e os sons que a vida amosa. Fritanga é unha experiencia única e irrepetible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies