O Feito a Man ofrece os concertos de Loiros, Alejandro Vargas Quinteto e os xaponeses Harmonica Cream

0

Compostela, 5 de agosto do 2018 – Continúan os concertos do Feito a Man ata completar ao longo do mes sesenta e sete espectáculos, hoxe con Loiros, Alejandro Vargas e Harmónica Creams.

Hoxe domingo nova sesión vermú no Feito a Man con Loiros a partir das 13.30 en Tras San Fiz de Solovio. O grupo nace no verán de 2016, coa única pretensión de facer unha música honesta e sen limitación estilística. O seu estilo poderíase resumir coa etiqueta de “Jazz Rock”, pero ben é certo que se quedaría curta. As achegas do imaxinario musical dos catro compoñentes, dan como resultado unha interesante mestura estilística na que están presentes tanto influencias da rítmica africana ou a sensibilidade do impresionismo francés, como de músicas máis novas, como o Grunge, o Shoegaze, o Jazz moderno ou a Psicodelia.

As oito na Praza dos Gatos estará o quinteto de Alejandro Vargas e o seu jazz afro cubano. Latin jazz cubano, cun repertorio de standars levados aos ritmos caribeños e máis populares da musica afrocubana. Chachacha, son, Afro jazz e outros. Grandes músicos e amigos da escena do jazz galego. Con Alejandro Vargas -piano; Moisés Fernández- caixón; LAR Legido -batería; Alfonso Calvo-contrabaixo; e Pablo Castaño -Saxo.

Remata a xornada tamén na Praza dos Gatos cos xaponeses Harmónica Creams a partir das dez da noite. “Celtic blues”: un novo tipo de banda folk de Xapón. Combinando os timbres eclécticos de harmónica, violín, guitarra e percusión, Harmonica Creams fusiona a acústica e a electrónica para crear un son único. Integrantes: Yoshito Kiyono, harmónica; Aiko Obuchi, violín irlandés; Koji Nagao, guitarra, Pablo Vergara, bodhran.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies