займ срочно

O Feito a Man organiza un maratón en San Martiño Pinario

0

Compostela, 11 de agosto do 2018 – O Feito a Man acolle hoxe un programa especial con guateque, talleres e a música de Good Luck Charm Band e Sabela & The Heartbreakers

Dani Barreiro abre a xornada as 13.30 en San Martiño

O Feito a Man comeza as 13.30 en San Martiño Pinario coa sesión vermú que estará amenizada por Dani Barreiro & Friends. Para Dani Barreiro o de Friends vai polos que están enriba e abaixo do escenario, é unha “reunión de amigos que comparten e celebran a música”. O repertorio é sobre todo dos grandes éxitos do Pop español, dende os 70, 80 ata hoxe… Dende Loquillo, Gabinete Caligari, Duncan Dhu, Andrés Calamaro, Quique Gonzalez, Coque Mall, Joaquin Sabina pasando por Rosendo, Burning ou los Secretos, Andres Dobarro…e variando o seu ecléctico repertorio constantemente incluíndo clásicos internacionais de diferentes artistas coma Johnny Cash, Neil Young, Neil Diamond, REM, Waterboys, Depeche Mode, Rolling Stones, The Beatles,etc.. En cada show rodéase de bos “FRIENDS” coma Miguel Pérez ao Baixo, Ruben Ruíz á guitarra eléctrica, Roberto Barreiro á batería e como non, aparte destes, sempre pode saír a escena algún que outro Friend espontáneo ou convidado sorpresa…E sempre que cadre en horario infantil nunca esquece facer algúns temas para o público mais miúdo.

DJ

A tarde comeza na sobremesa, ou cando algúns seguro que comezan a comer, as 15.30. A primeira quenda corre a cargo do DJ Bigote Mix. As cinco celebrase un taller de máscaras de cartón a cargo de Olalab. As sete será o momento do baile cunha clase aberta por conta de Compostela Swing.

Good Luck Charm Band.

A música volve a iso das nove con Good Luck Charm Band. Encanto de boa sorte, que así se traduce o nome da banda, é unha formación que basea o seu repertorio no antigo e bo jazz dos anos 20, 30, New Orleans e algún toque máis moderno e festeiro! A banda sonora deste panorama, a que embalaba os soños, a alma e os corpos dos que buscaban a felicidade era nada máis nada menos que grandísimos mestres coma: Benny Goodman, Duke Ellington, Louis Armstrong, Frank Sinatra, Chick Webb, Count Basie, Ella Fitzgerald, só por citar algúns dos máis importantes… Por outro lado para variar un pouco máis teñen a opción de engadir algúns temas máis modernos, alegres e bailongos tamén co toque jazz. Temas coma The Chicken (Pee Wee Ellis , saxofonista de Jmes Brown) e Mercy, Mercy, Mercy (Joe Zawinul).

A partir das dez continúa en San Martiño Pinario o DJ Daasanach. Un especialista que acarrea máis dunha década de incursións en diversos xéneros musicais e afeccionado dende hai uns anos a música  dos cinco continentes, o seu ecléctico estilo oscila entre un afro beat excéntrico, inspirado polo funk do oeste africano dos 70 e un jazz fusión caribeño, con influencias de cumbia e boogaloo.

Sabela & The Heartbreakers

Sabela & The Heartbreakers

Medio hora de que o DJ comece a pinchar en San Martiño a rúa Xelmirez acolle a uns clásicos de Compostela, Sabela & The Heartbreakers. Trío do que forman parte Sabela King, Ramón Figueira “Figui” e Benjamín Vázquez. Estilisticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50’s 60’s, adaptando versións dos clásicos destes xéneros e temas actuais a un formato reducido. Parte do repertorio está formado por temas propios docemente acompañados de ukelele e voz da man de Sabela e adornados intelixentemente polas guitarras de Benja e as harmónicas de Figui.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies