O Feito a Man suspendeu os concertos pero hoxe volveo a intentar

0

Compostela, 9 de agosto do 2018 – A chuvia non deixou que houbera música no Feito a Man na noite de onte mércores pero hoxe hai unha nova oportunidade.

A Banda da Gramola será a primeira que intente que o Feito a Man recupere o son, será as 13:30 e as 19:00 na Praza de Cervantes. É unha banda composta por varios músicos de trad e folk que forman parte doutros grupos como os Tischetein, Os D’Abaixo ou os Brúa.

O trap irreverente e absurdo dos Boyanka Kostova intentará encher a Praza de San Martiño Pinario. Está considerado como o primeiro grupo de trap en galego. A súa música é universal e non poderás parar de bailar ao son dos seus ritmos hipnóticos e o seu flow costumista. A banda demostra en cada directo que só vai a máis.

Boyanka Kostova

É posible que o das dez na Virxe da Cerca, no Momo, sexa un dos concertos máis esperados de esta edición. Mad Martin Trío non deixaron de gañar adeptos desde que naceron e cada un dos seus concertos deixa con gañas de máis. Debutaron no 2014 con “It Was A Very Good Year”, despois veu “Seven Lucky Shots” (2014) e “Time To Go Mad” (2015), publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. “Eileen”, incluído en “Time To Go Mad” foi escollido entre os 100 favoritos do ano no programa El Sótano de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores en Madrid do concurso “Azkena Rock Party” entre un número considerable de bandas e participando na edición dese ano do Azkena Rock Festival. Dende entón non pararon de tocar por media Europa e toda a xeografía española. Agora presentan “Tornado”, un vinilo en 10” financiado cunha exitosa campaña de crowdfunding, producido por Mike Mariconda e gravado en Barcelona nos Estudios Sol de Sants. Nel poderás encontrar temas propios e algunhas versións como “Tornado”, dos Jiants, que da título ao disco e que é unha das favoritas da banda.

Mad Martin Trío

Unha oportunidade máis para encher de música a rúa que esperemos que a chuvia non faga de novo que se suspenda. Feito a Man, en calquera caso, o seguirá intentando ata finais de mes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial