Música dos anos vinte con Vatapá no Feito a Man

0

Compostela, 29 de agosto do 2017 – Magnífico concerto de Luiz Caracol no día de onte ao que seguen hoxe os de Vatapá e Noe Black.

Continúa a décimo cuarta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, que rematará o 30 de agosto, e que este ano contou con máis días de programación, máis concertos e máis artistas.

Para hoxe martes a música de Vatapá estará as oito da tarde en San Paio

Formado por cinco músicos de traxectorias moi diferentes, Vatapá-quinteto inicia a súa andaina en 2015 a partir da colaboración casual entre o guitarrista Antón Casal e a cantante Beatriz Míguez. Non tardarán en unirse a clarinetista Marta Sancho e o percusionista Javier Buján, completando a formación definitiva coa incorporación do contrabaixista Oscar Rodríguez, a partires da súa participación como artista invitado no concerto do 1º aniversario do grupo, celebrado o 27 de maio do 2016 na sala viguesa La fábrica de chocolate.

Malia súa curta traxectoria, Vatapá-quinteto caracterízase por un divertido directo, no que interpretan temas clásicos da música americana da primeira metade do século XX, principalmente bossa nova, blues e swing, cun son moi coidado a cargo de Paco Guimarei, que é xa marca da casa.

O nome do grupo está extraído da canción brasileira titulada Vocè já foi à Bahia de Dorival Caymmi, na que se fai unha auténtica exaltación da gastronomía do Estado de Bahía. O Vatapá é un dos pratos tradicionais que se citan na canción e a banda decidiu adoitalo como nome, pola súa sonoridade musical e tamén como homenaxe á riquísima cultura brasileira

As dez da noite repiten Noe Black e The Bag Band no Momo, na Virxe da Cerca.

Trío compostelán capitaneado por Noe Black que nesta ocasión presenta novo proxecto no que reinterpreta algúns dos grandes éxitos do rock n’roll americano dos anos 50. Acompañada por Javi Bermejo á guitarra e Curro Marcos nas percusións, conseguen sorprender dándolle unha volta de porca máis que interesante a eses clásicos que moitos xa coñeciades. Un directo divertido e máis que recomendable. Presentarannos o seu primeiro disco “Rock n’ Roll Airlines”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial