займ срочно

Chega ao Feito a Man a xornada dedicada ao Hip Hop

0

Compostela, 22 de agosto do 2017 – O Feito a Man organiza outra das xornadas especiais e despois de ter un día para o dub hoxe lle toca ao hip hop.

Con todo o pop e o rock non se esquecen no Feito a Man e as oito da tarde, na praza de Abastos, cita con Los Árboles.

Los Árboles son un grupo de pop rock galego que comezou a xestarse a finais de 2010 case por casualidade. Formado por Alexandro González (Guitarra, piano e voz), Alberto Barreiro (Baixo e coros), Marcelo Pedredo (Guitarra), Martín González (Sinte e coros) e Alberto Dopico (Batería), teñen publicados  dous traballos e estiveron tocando practicamente sen interrupción tanto en festivais como en salas de ámbito estatal (Festival da Luz, Festival Sereas e piratas, Festival Romaría Pop, Festival de Cans, Sala Siroco, Sala Capitol…).

A partir das dez será o momento do hip hop cunha festa en San Martiño Pinario na que participarán  Erin, Kotto, Rendi Nue e Sr. Carujo.

Os participantes son algúns dos rapeiros emerxentes da escea compostelá pero coa experiencia suficiente para ofrecer unha noite moi especial.

Estarán acompañados aos pratos por DJ Mil que porá os mellores beats non so para rapear se non tamén para que o breakdance inunde San Martiño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies