займ срочно

O Feito a Man continúa hoxe con sesión vermú e dous concertos no serán

0

Compostela, 4 de agosto do 2017 – Despois dunha xornada na que o Feito a Man encheu Fonte Sequelo e Cervantes e puxo a bailar a Compostela hoxe chegada a primeira das sesións vermú.

A unha e media da tarde, hora do vermú, na Praza de Cervantes estará Valentín Caamaño Trio.Valentín Caamaño Tubío é un guitarrista, vocalista e compositor nado en Santiago de Compostela. Comezou a tocar a guitarra na súa infancia en Oviedo, pero a súa carreira musical comenza xa vivindo en Santiago, en distintas formacións como Clan Moriarty, Space Drapes, Southbound ou Francis Kaners. Co seu proxecto de Valentín Caamaño Trio presenta unha proposta de jazz que entronca coa tradición do estilo, pero a través da súa persoal relación con el e co seu instrumento. Nesta ocasión, contará coa colaboración de dous músicos excepcionais, de ampla experiencia no panorama jazzístico: Alfonso Calvo ao contrabaixo e LAR Legido á batería.

O feito a Man continúa as oito na praza de Feixoo co mexicano Quique Escamilla que onte puxo Cervantes a bailar e acabou subindo ao escenario cos Kyeyeku. Quique Escamilla naceu en Chiapas e atopou no seu país de adopción, Canadá, un lugar nos mellores festivais e teatros, consolidándose como unha das grandes figuras da world music. A súa música é o resultado de misturar o rock cos ritmos populares mexicanos, como o huapango ou a ranchera, sempre acompañados dunha forte mensaxe política de apoio á loita zapatista, aos dereitos humáns, á liberdade e á igualdade. Compostela non lle resulta allea xa que o puidemos ver no Womex16.

A xornada remata na Quinatana con Lorois. Loiros é o novo proxecto do baterista Héctor Agulla e o guitarrista Virxilio dá Silva, habituais da escena musical galega. Nesta ocasión, sen perder de vista o Jazz, mergúllanse nunha peculiar mestura estilística que vai desde os clásicos impresionistas a melodías Pop, sendo o Post Rock, o Grunge e o Rock Progresivo a columna vertebral do cuarteto. As cancións xorden da posta en común do imaxinario musical dos dous artistas, permeables a influencias tan dispares como Nick Drake, Tame Impala, Brad Mehldau, Sigur Rós, Reinier Bass, Debussy, Incubus… Completan a formación o tamén guitarrista Wilfried Wilde e o baixista alemán Felix Barth.

Aqui tedes un pequeno resumo do foi a festa de onte, para que vos animedes a ir hoxe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies