Feminismo na tradición, ciclo de conversas na Geantalha do Pichel

0

Compostela, 13 de marzo do 2019 – O feminismo na tradición será tratado en tres xornadas no mes de marzo e abril no centro social da Gentalha do Pichel.

As tres xornadas sobre feminismo e tradición celebraranse mañá mércores día 14, o próximo 21 de marzo e o 4 de abril. Contarán con diferentes profesionais para falar de tres elementos que forman parte do patrimonio inmaterial: a oralidade, a música e o baile, tratados desde diferentes perspectivas de xénero.

A historiadora e cantante Faia Diaz abre mañá as xornadas coa charla “A História pola mao. Oralidade, criaçom e afeitos”.  Según a relatora “A história pola mao viria ser a história que queremos que seja, a que nos corresponde contar. Histórias da vida para criar, para remover a ideia que temos sobre o passado”.

Faia Diaz basease en distintos traballos para compartir as ideas que nacen ao abordar a tradición musical desde unha perspectiva feminista.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial