Fernando Valls e David González Couso nunha xornada escolar sobre a literatura dos 50

0

Compostela, 11 de maio do 2018 –  O IES Pontepedriña, en Compostela, e o CPI de Bembibre en Val do Dubra colaboran nunha xornada de divulgación da xeración literaria dos 50 na que participaran  Fernando Valls e David González Couso.

A iniciativa, que terá lugar o próximo luns, está apoiada desde o Ministerio de Educación dentro das actividades de fomento da lectura. Este apoio posibilita que se acheguen aos centros expertos na temática elixida como son, en esta ocasión, Fernado Valls, especialista na obra de Daniel Sueiro,  e David González Couso que falará de Carmen Martín Gaite. A xornada estivo coordinada polas profesoras de lingua castelá dos centros, Marta Valderrama e Ana Cabanelas, que prepararon as cuestións para os 75 rapaces que participarán. Ao remate do encontro cos autores, no IES Pontepedriña, visitaran a exposición do fotógrafo Francesc Català-Roca, no Auditorio de Galicia, que recolle imaxes entre os anos 50 e 70 na ditadura franquista.

Os relatores

Fernando Valls é catedrático acreditado de Literatura Española Contemporánea na Universidade Autónoma de Barcelona. Profesor convidado nas universidades de Padua (Italia), Freie e Humboldt (Postdam e Berlín) e na Universidade de Kentucky (USA). Actual vicepresidente da Asociación de Críticos Literarios de España, director da revista Quimera (2001-2006) e director das coleccións Reloj de Arena e Cristal de Cuarzo da editorial Menoscuarto. Especialista na obra de Daniel Sueiro, autor galego destacado dentro da “Xeración dos 50” española. O seu blog constitúe unha das referencias actuais máis brillantes da crítica literaria en España: http://nalocos.blogspot.com.es/ Publica tamén críticas literarias en El País: https://elpais.com/autor/fernando_valls/a .

David González Couso é editor e tradutor en Toxosoutos, crítico literario galego e Doutor en Filoloxía Hispánica, especialista na obra de Carmen Martín Gaite e nas raíces galegas da autora. Dedica, con gran rigorosidade, o seu traballo en O fío da escritura á liñaxe materna da autora (Toxosoutos, 2010; con limiar de Claudio R. Fer) Participou como convidado no III  Congreso Internacional de Aleph en Granada cun relatorio sobre a obra de Carmen Martín Gaite. No seu blog difunde a obra da escritora: https://alasdelibelula.jimdo.com/ .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial